Prehistoria

Diplodocus

O Diplodocus é un dos maiores dinosauros e o saurópodo máis coñecido. Tiña un pescozo moi longo e unha cabeza pequena e alargada. As patas do animal eran moi fortes e similares ás do elefante, pero o seu trazo máis característico é a súa enorme cola, terminada na forma dun látigo.

Parasaurolophus

O seu nome vén do grego e significa lagarto próximo con crista, é un dinosaurisornitópodo hidrosáurido, é dicir que máis ou menos pode parecer un pato, este tipo de dinosauros viviron fai aproximadamente 80 millóns de anos, no período Cretácico.

Spinosaurus

O Spinosaurus é un do dinosauro máis grandes dos que temos noticia, era tan grande que o podemos comparar a dous elefantes xuntos.

Stegosaurus

Significa réptil con tellado. Medía 7 metros de longo e pesaba 2 toneladas e media. Viviu ao longo do período Jurásico. Tiña unhas defensas moi estrañas, facilmente recoñecíaselle pola dobre fila de placas que tiña no lombo e por unhas agudas púas no extremo da cola, utilizada a modo de látigo para o seu defensa.

Brachiosaurus

Significa réptil con brazos. O seu nome é debido ao gran tamaño dos seus membros anteriores. Medía 23 metros de lonxitude, 12 de altura e un peso estimado en 51 toneladas.

Allosaurus

Significa réptil estraño. Medía de 11 a 12 metros de lonxitude. Viviu fai 140 millóns de anos, ao finais do período Jurásico, en Norteamérica, África, Australia e posiblemente China. Foi un dos dinosauros máis feroces que arrasaron as chairas millóns de anos.

Styracosaurus

Significa réptil espiñento. Foi un dos máis espectaculares e espléndidos de todos. Tan longo de dous coches utilitarios, avanzaba sobre catro robustas patas.

Dimetrodón

Os primeiros restos fósiles de Dimetrodon foron descubertos nos Estados Unidos polo paleontólogo estadounidense Edward Drinker Cope en 1878. O Dimetrodon era un réptil pelicosaurio, máis próximo aos mamíferos que aos réptiles actuais, como testemuña a súa dentadura.

Velociraptor

Significa ladrón veloz. Era un temido depredador que podía correr a gran velocidade sobre as súas longas patas traseiras.


  • 1
  • 2