Animais

León

Entre os felinos o león é o máis grande despois do Tigre de Siberia. Os machos alcanzan os 3.3 metros de lonxitude, incluíndo a cola que pode medir 1 metro de longo.

Pavo Real

O pavo real (Pavo cristatus), tamén coñecido como pavo real da India e pavo real de peito azul, é unha especie de ave galliforme da familia Phasianidae, desde tempos antigos destacou entre os animais admirados polo ser humano a causa do extraordinario abanico policromado que constitúe a cola dos machos.

Can

O can, cuxo nome científico é Canis lupus familiaris, é un mamífero carnívoro doméstico da familia dos cánidos, que constitúe unha subespecie do lobo (Canis lupus).

Cabra

Os cápridos (Capra) son un xénero de mamíferos artiodáctilos da familia Bovidae que adoitan coñecerse comunmente como cabras, aínda que existen animais doutros xéneros (por exemplo Oreammos) que tamén se chaman así.

Porco

O porco é unha especie de mamífero artiodáctilo da familia Suidae. É un animal doméstico usado na alimentación humana por algunhas culturas.

Bufo

O bufo real (Bubo bubo) é un ave rapaz nocturna, de tamaño grande, distribuída por Europa, Asia e África.

Aguia

Aguia é o nome dado ás maiores aves depredadoras. As diversas especies e subespecies de aguias poden atoparse en case calquera parte do planeta excepto na Antártida.

Ra

As ras son animais anfibios que se reparten por todos os lugares do mundo.

Cabalo

O cabalo (Equus ferus caballus) é un mamífero perisodáctilo da familia dos équidos, herbívoro, cuadrúpedo e de pescozo longo e arqueado.