Styracosaurus

Significa réptil espiñento. Foi un dos máis espectaculares e espléndidos de todos. Tan longo de dous coches utilitarios, avanzaba sobre catro robustas patas.

Referencia: 25050 Categories: ,

Significa réptil espiñento. Foi un dos máis espectaculares e espléndidos de todos. Tan longo de dous coches utilitarios, avanzaba sobre catro robustas patas. Os seus dedos estaban estendidos para darlle máis estabilidade. Percorría as chairas e alimentábase de plantas baixas. Parecido ás hastas dun cervo, tiña 6 púas de gran tamaño que lle sobresaían da coraza disposta sobre o pescozo. Máis abaixo, na coraza, tiña unhas 4 ou 5 púas máis pequenas en cada lado. Case todas as púas defendíanlle dos depredadores á vez que sacudía a cabeza, cravándolles algunhas púas, xa que facían difícil a mordedura do pescozo. Algúns dos seus atacantes fuxían ao ver as púas. O macho puido atraer á súa parella elevando as súas púas para ensinalas toda a súa amplitude.

Encima das órbitas non tiña cornos, nin vultos. Quizá as púas eran un pouco débiles para a loita, pero tiña outra arma terrible, que era un corno moi alto e afiado. Servíalle para defenderse dos depredadores. Cun movemento rápido do fuciño, puido ferir gravemente o maior dos depredadores. O corno atravesaba a carne desprotexida, causando unha ferida grave. Os ósos do pescozo eran moi fortes e permitíanlle soportar o peso da súa ancha cabeza. A cabeza en concreto era longa e un pouco plana. Puido alcanzar, a cabeza, uns 2 metros; desde o fuciño ata a púa máis longa de todas. Co afiado pico que tiña puido cortar as plantas que consumía en anacos e logo picalos cos seus dentes afiados e pequenos. Foi descuberto en 1.913 por Lambe. Medía 6 metros de longo e 2 metros e medio de alto. Viviu fai uns 80 millóns de anos, a finais do período Cretácico, en Alberta, Canadá, e Montana, os tres lugares en Norteamérica.

  • Serie Classic: 480x230x170 mm
  • Serie Pocket: 230x100x85 mm (Ref. 25321)
  • Número de láminas: 2 en Serie Classic, 3 en Serie Pocket
  • Nivel de dificultade: 3