• libelula
  • libelula
  • libelula
  • libelula
  • libelula
  • libelula
  • libelula
  • libelula

Libélula

As libélulas pertencen á orde Odonata, e suborden Anisoptera. Posúen grandes ollos multifacetados, moi xuntos; dous pares de fortes ás transparentes e un corpo alargado.

Referencia: 25020 Categories: ,

As libélulas pertencen á orde Odonata, e suborden Anisoptera. Posúen grandes ollos multifacetados, moi xuntos; dous pares de fortes ás transparentes e un corpo alargado. Teñen unha vista excelente, grazas á peculiar estrutura dos seus ollos: ao redor de 30.000 facetas dispostas de tal forma que lle permiten aproximadamente 360º de campo visual. Aliméntanse de mosquitos e outros pequenos insectos como, moscas, abellas e bolboretas. Mesmo comen insectos voadores do seu mesma especie. O seu hábitat natural atópase nas proximidades de lagos, charcas, ríos e terras pantanosas, xa que as súas ninfas son acuáticas. As libélulas non pican aos seres humanos, de feito son valiosas como depredadores, controlando as poboacións de insectos como os mosquitos.

Indican sempre auga próxima, como ríos, lagos, estanques e mesmo charcos, pois é aí onde a femia deposita os seus ovos. Pero non son nada de parvas. Se a súa ruta de migración pasa por algun gran espazo de auga (lagos ou mar), buscarán unha alternativa, pois xamais corren o risco de pasar longas xornadas voando sobre unha zona na que se poden perder. Poden viaxar ata 140 quilómetros nun día.
Posúen dous pares de ás, as cales actúan por separado, de acordo a unha estratexia que sempre chamou a atención dos científicos e estudiosos: cando necesitan voar lento, o primeiro par bate un pouco antes que o segundo; cando queren voar lixeiro e planeado, os dous pares de ás baten ao mesmo tempo.

O ciclo de vida das libélulas, desde a fase de ovo ata a morte en idade adulta, abarca entre seis meses ata seis ou sete anos. Nalgunhas ocasións, as femias poñen ovos entre as pequenas gretas do barro ou brión. Pasan a maior parte da súa vida como larvas baixo a auga respirando a través de agallas, aliméntanse doutros invertebrados ou mesmo de vertebrados, como renacuajos ou peces.
Na fase adulta (voadoras) as especies maiores poden chegar a vivir ata catro meses. A libélula común, Anax junius, é unha das maiores e máis rápidas, alcanzando unha velocidade de ata 85 km. por hora.

Descubriuse recentemente que as libélulas empregan a ilusión óptica para axexar a outros insectos que invaden o seu territorio. Pódense mover de tal forma que se proxectan a si mesmas como un obxecto estático mentres atacan con rapidez ás súas vítimas.

No pasado existiron especies de gran tamaño. De feito, a maior – atopada como fósil – é unha Protodonata chamada Meganeura monyi que data do Carbonífero, cunha envergadura de ás de entre 70-75 cm.

  • Serie Classic: 310x280x150 mm
  • Serie Maxi:  660x285x640 mm (Ref. 25503)
  • Serie Pocket: 190x70x190 mm (Ref. 25305)
  • Número de láminas: 1 en Serie Classic, 2 en Serie Pocket, pezas soltas de 5mm de groso en Serie Maxi
  • Nivel de dificultade: 3