• dimetrodon
  • dimetrodon

Dimetrodón

Os primeiros restos fósiles de Dimetrodon foron descubertos nos Estados Unidos polo paleontólogo estadounidense Edward Drinker Cope en 1878. O Dimetrodon era un réptil pelicosaurio, máis próximo aos mamíferos que aos réptiles actuais, como testemuña a súa dentadura.

Referencia: 25049 Categories: ,

Os primeiros restos fósiles de Dimetrodon foron descubertos nos Estados Unidos polo paleontólogo estadounidense Edward Drinker Cope en 1878. O Dimetrodon era un réptil pelicosaurio, máis próximo aos mamíferos que aos réptiles actuais, como testemuña a súa dentadura; no Dimetrodon xa empezaran a diferenciarse os distintos tipos de dentes característicos dos mamíferos: tiña caninos cónicos e puntiagudos, cos que desgarraba a carne das súas presas, e outros dentes planos e moi afiados, que lle servían para cortar a carne en anacos máis pequenos, o que facilitaba a dixestión. O seu nome significa “dentes de dous tamaños”. O Dimetrodon era un gran depredador, de tres metros e medio de lonxitude e máis de douscentos quilos de peso, que viviu fai entre 280 e 265 millóns de anos no supercontinente de Pangea. A súa característica máis sobresaliente era unha gran ver dorsal, con perfil de campá, que se alzaba sobre as súas costas, desde o pescozo ata o arranque da cola. Esta vela era unha capa de pel percorrida por numerosos vasos sanguíneos e suxeita por longas espiñas que se prolongaban cara arriba desde a columna vertebral.

O máis destacable do pelicosaurio Dimetrodon era a gran crista de forma semicircular (variaba de tamaño e forma entre as especies) feita de pel fina que se apoiaba nunhas alargadas apófisis vertebrais, que estaba ben irrigada e que na parte central alcanzaban un metro de altura. Seguramente esta vela non funcionaba como tal, é dicir, non axudaba ao Dimetrodon a moverse máis rápido pola auga. O Dimetrodon puido usar esta crista como órgano de sedución na época de celo, pero os esquletos achados demostran que femias e machos tiñan a mesma crista. Tamén é posible que se tratase dunha arma intimidatoria. Pero a idea máis aceptada e as máis probable é que esta crista tivese unha función termorreguladora. É posible que se a poñía de face ao Sol quentásese, e se a poñía de face ao vento arrefriábase. Mediante este sistema de termorregulación, o Dimetrodon podía activarse con maior rápidez polas mañás que os seus rivais, o que lle daba unha vantaxe á hora de cazar e permitíalle vivir en zonas máis frías.

Cando os primeiros vertebrados colonizaron a terra firme, atopáronse cun problema: o control da temperatura. A inercia térmica da auga é moito maior que a do aire, co que as variacións de temperatura que sofren os animais acuáticos son moito menores. Os primeiros réptiles, animais de sangue frío, pasaban as noites aletargados e aproveitaban a calor do sol para quentarse e renovar as súas actividades.

  • Serie Classic: 390x180x110 mm
  • Serie Pocket: 210x100x60 mm (Ref. 25320)
  • Número de láminas: 1 en Serie Classic, 2 en Serie Pocket
  • Nivel de dificultade: 3