Dimensións

Temos desenvolvidos diferentes modelos, agrupados en diversas categorías: animais, prehistoria, arquitectura, vehículos, insectos e educativos. Dispoñemos de tres formatos ou familias de venda, denominadas Serie Classic, Serie Pocket e Serie Maxi. A característica fundamental que define a cada familia ou serie, é o tamaño do modelo.

A Serie Classic, é o formato estandar ou máis usual de venda. Modelo realizado en DM de 3mm de espesor, precortado e emblistado. Inclúe guía de montaxe, ficha do produto e traseira na que aparecen todos os deseños dispoñibles.

A Serie Pocket, representa o concepto mini dentro dos Wood Models. Fabricado en DM de 3mm de espesor, preséntase cortado, coas pezas soltas e embolsado individualmente. Inclúe guía de montaxe e traseira na que aparecen todos os modelos dispoñibles.

A Serie Maxi, define a escala máis grande do concepto Wood Models. Modelos fabricados en DM de 5mm de espesor. Preséntanse nunha atractiva caixa con asas, que inclúe o modelo cortado, a guía de montaxe, a ficha do produto e traseira na que aparecen todos os deseños dispoñibles.