fondo dinosaurios

DESCOBRE O MUNDO WOOD MODELS

fondo animales

PARA NENOS DE 0 A 90 ANOS

fondo insectos

UNHA MANEIRA DE APRENDER XOGANDO

fondo vehiculos arquitectura

CREA O TEU PROPIO UNIVERSO WOODMODELS

CARACTERÍSTICAS DOS NOSOS PRODUTOS


  • EDUCATIVO

    Wood Models desenvolve o pensamento, a creatividade, a percepción espacial, estimula a memoria e a imaxinación... e divirte educando. A súa fácil montaxe é ideal para nenos de todas as idades

  • ECOLÓXICO

    Wood Models fabrícase usando materiais reciclables e biodegradables como o DM porque entendemos que é labor de todos coidar e preservar o noso planeta

  • DIMENSIÓNS

    Dispoñemos de tres tamaños ou familias de venda, denominadas Serie Classic (formato estandar), Serie Pocket (formato mini) e Serie Maxi (gran formato)

  • FEITO EN GALICIA

    Os nosos produtos elabóranse na nosa fábrica situada en Galicia desde onde se comercializan para España e todo o mundo

 NOVOS PRODUCTOS


Santa María do Naranco

É un antigo palacio situado a catro quilómetros de Oviedo, sobre a ladeira sur do Monte Naranco. Orixinalmente non se proxectou como igrexa, senón que foi a aula Rexia do conxunto palacial que o rei Ramiro I mandou construír nos arredores da capital do reino de Asturias, e que se terminou no ano 842. O seu estilo artístico é a denominada arte asturiana ou "ramirense", dentro do prerrománico.

Caveira Humana

A cabeza ósea ou esqueleto da cabeza ou caveira , é o conxunto de ósos que forman o esqueleto da cabeza (cranio e ósos da cara); e rodean e protexen ao encéfalo e os órganos dos sentidos, e conteñen ao aparello da mastigación. Normalmente atópanse 28 ósos no esqueleto da cabeza, onde só un, a mandíbula, é móbil.

Notre Dame

A Catedral da nosa Señora (Cathédrale Notre Dáme) é unha igrexa de culto católico, sede episcopal de París, a capital de Francia. Trátase dun dos edificios máis senlleiros e primitivos de cuantos construíronse en estilo Gótico. Empezouse a súa edificación no ano 1163 e terminouse no ano 1345.

Diplodocus

O Diplodocus é un dos maiores dinosauros e o saurópodo máis coñecido. Tiña un pescozo moi longo e unha cabeza pequena e alargada. As patas do animal eran moi fortes e similares ás do elefante, pero o seu trazo máis característico é a súa enorme cola, terminada na forma dun látigo.

Cervo

É o maior dos herbívoros silvestres da Península Ibérica, cun peso que pode chegar aos 200 quilos, unha lonxitude de ata dous metros e unha altura á cruz de entre un e un metro e medio.